jueves, 28 de febrero de 2013

O clarinete

Como estamos tratando na aula o tema da música, deixovos unha pequena explicación dun dos instrumentos que imos a traballar.




O clarinete é un instrumento da familia dos aerófonos, e encóntrase no grupo dos instrumentos de vento-madeira dentro da orquestra.
Constrúese con metal e a súa caña e de madeira.
As partes que o constitúen son: A boquilla, o barrilete, o corpo superior, o corpo inferior e a campá.



Deixovos tamén un pequenísimo vídeo no que se interpreta co clarinete unha canción que seguro que vos sona a todos.





martes, 26 de febrero de 2013

Mais retahílas...

1.  ¿Que hai naquel tellado?
    - un gato esfolado
   ¿Que hai naquela artesa?
   - unha vella tesa
   ¿Que hai naquela buratiña?
   - Unha campaniña
   ¿ E como fai?
   - tilín, tilín, tilín.

2.  Una cosa me he encontrado,
     cuatro veces lo diré,
     si su dueño no aparece,
     con ella me quedaré.

3.  Pom, Pom,
     dineritos al montón,
     que para mi chica son. 
 

4.  Tengo, tengo, tengo...
     y tu no tienes nada...
     tengo 3 ovejas en una cabaña
     Una me da leche,
     otra me da lana,
     y otra mantequilla para la semana.

5.  Caracol, col, col,
     saca os teus cornos o sol..

sábado, 23 de febrero de 2013

Retahílas

Tantarantán tarantán tarantiña, o que non comen non ten barriguiña
tantarantán tarantán taranton o  que non come non ten barrigola.

Rei, rei, cantos anos vivirei
25 non ó sei
1, 2, 3, 4, 5, 6.

Caracol col col
saca os teus cornos ó sol.

Man morta man morta
vai petar a túa porta
e cando veña o cura
dille que estou morta
no medio da horta.

Este queixo queixolán
esta boca pide pan
este nariz quis quis
estes ollos de perdiz
esta testa testaruda
e este pelo da nosa burra.

Día de Entroido
e dia de Pascua
cada larpeiro
na súa casa.

Un payaso fue a Madrid
con los mocos en la nariz
verdad que si? -Si
verdad que no? -No
verdad que tu quieres salir ahora mismo de aquí?

-Como che vai Sindo?
-As veces chorando as veces rindo?

Sana sana, culito de rana
si no sanas hoy, sanarás mañana.

Tengo un gallo en la cocina que me dice la mentira
tengo un gallo en el corral que me dice la verdad.

martes, 19 de febrero de 2013

Aqui vos deixo o enlace destes fenómenos tocando a guitarra. Son tres e tocan os tres nunha! Increible!
http://www.youtube.com/watch?v=umpVrn_0Jpw

lunes, 18 de febrero de 2013

Saxofón

 
O saxofón é un instrumento musical que pertence á familia de intrumentos de vento. Normalmente faise de latón e ten unha forma parecida ao clarinete, sobretodo na boquilla, xa que é unha evolución del.
É o instrumento principal do Jazz.
No seguinte video escoitase a canción Baker Street de Gerry Rafferty que ten o saxofón como principal instrumento e representaa un debuxo de televisión moi conocido por tocar este intrumento.
http://www.youtube.com/watch?v=ijV5Aj5swc8


                                                                                     Jessica Rodriguez, Jennifer Calviño, Anaid Canedo