miércoles, 27 de marzo de 2013

Los libros de la princesita 


É  unha colección de contos: Formas, Animais, O Tempo e A dormir. Estan ilustrados por Tony Ross que lle da un toque de humor a estes contiños.

Para traballar coa matemática eu elexin o libro das formas porque me parece un libro moi adecuado e sinxelo dirixido ao tramo de idade que nos toca a nós. Espero que vos guste e o metades na vosa colección de contiños.

lunes, 18 de marzo de 2013

Conta que conta


"Bruno era una cosa negra que se aburría como una ostra gris..."


Investigando pola biblioteca atopei este contiño sobre bruno, una cousa negra con moitas ganas de xogar as escondidas con alguén, con el atopamos unha maneira moi divertida para traballar os números.



Tamén me chamou a atención este outro, no que mamá gata coida moi ben dos seus 3 listos gatiños. Neste conto tamén toman un papel importante os números.

Os dous son moi interesantes e teñen un final moi entrañable. 


domingo, 17 de marzo de 2013

TANGRAM



Aprendemos na clase a crear un tangram a partir dun cadrado de papel, eu fixen o meu de goma eva.




Con el pódense facer infinidade de figuras seguindo patróns ou simplemente usando a túa imaxinación. Toda a miña familia e os meus amigos están revolucionados dende que lle lo mostrei, tratando de facer o cadrado ou diferentes figuras. É unha actividade moi entretida e resulta moi gratificante conseguir o reto que te propós.

Animádevos a realizar o voso propio tangram.
Aquí vos deixo un vídeo onde nos contan como confeccionalo nuns sinxelos pasos e propón unha serie de retos que podedes tratar de realizar:





jueves, 14 de marzo de 2013

Eu canto ésta

http://www.youtube.com/user/yocantoesta

COETUS, iberian percussion orquestra.


Onte asistin a un concerto en Santiago do grupo COETUS.
Este grupo recolle cancións da Península Ibérica e versionaas utilizando instrumentos da tradición como pandeiretas ou cunchas e tamén utensilios do dia a dia como potas, tellos, culleres, etc.

Paga a pena velo! Espero que vos guste!


sábado, 9 de marzo de 2013

O conto da caca

Deixovos aquí un enlace do conto da caca contado por Luis Pescetti

https://www.youtube.com/watch?v=6rESLLjy8RM&list=PLujPynGCw4r4wIiR9jdwOXN_29CTqnqm5

miércoles, 6 de marzo de 2013

"O galo canta"

Tamén vos deixo outro video coa cancion "O galo canta" que interpreteu Andrea Reborido na clase tamén tocada por "A requinta da laxeira" como vedes e un grupo que cantan varias cancións populares. Vai con letra por se a queredes aprender.

"O paraugas do Xosé"


Con motivo do tema das cancións e do exercicio que fixemos na aula, quérovos deixar o enlace dun grupo chamado A requinta da laxeira tocando a canción que cantamos na clase "O paraugas do Xosé". Espero que vos guste.